InicioMovementos SociaisOs condutores de Vitrasa, en pé de guerra contra as súas condicións...

Os condutores de Vitrasa, en pé de guerra contra as súas condicións de traballo

PUBLICADO O

O comité da empresa concesionaria do servizo de autobuses urbanos de Vigo, Vitrasa, comezou este xoves as mobilizacións para esixir a mellora das condicións de traballo e o cumprimento do convenio colectivo.

Desde CC.OO denuncian que Vitrasa utiliza persoal eventual en rotación para cubrir postos fixos. Esta fórmula, segundo o sindicato, incumpre o convenio colectivo. A organización pon como exemplo o caso recente dun traballador de cuxos servizos prescindiu a empresa, após seis anos encadeando contratos.

CCOO tamén esixe actualizar os horarios e percorridos das distintas liñas, “en moitos casos obsoletos e afastados da realidade da cidade”. Isto xera atrasos nos servizos e redución dos tempos de descanso estipulados para os condutores. Outra cuestión de saúde laboral que denuncia o sindicato é a ausencia de baños públicos a disposición dos condutores e das condutoras.

Outra crítica do persoal de Vitrasa é a realización de xornadas “abusivas” que superan o estipulado. “Por riba, a empresa négase a pagalas, incumprindo tamén neste punto o convenio”, censura Comisións.

A organización sindical tamén recolle outras queixas do persoal, como a mala calidade dos uniformes ou a falta de entrega dos mesmos. Aseguran que mediado setembro moitos non recibiron aínda as prendas do verán.

Por último, os traballadores e traballadoras da empresa de autobuses esixen a elaboración dun plan de igualdade, pois o actual leva caducado tres anos. As próximas mobilizacións serán o vindeiro xoves, día 27 de setembro, tanto fronte ao Concello de Vigo como ás portas da empresa. Dous días despois haberá unha asemblea de persoal na que se proporá comezar con paros parciais.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...