Trasatlánticos: paisaxe e espectáculo en Vigo

Transatlánticos/ Miguel Núñez

Chegaron para quedarse. Os transatlánticos forman parte da contorna de Vigo, da súa hostalería e comercio. Eles permiten a salvagarda dunha parte do Casco Vello, afortunado na súa proximidade a un porto tan vivo, nesta época da competencia imposible coas grandes superficies.

Transatlánticos/ Miguel Núñez

O dos cruceiros é un turismo cada vez máis estendido entre as clases medias, sobre todo entre a terceira idade. Por pouco máis de mil euros podes percorrer o mediterráneo, ou as costas cantábrica e atlántica.

Transatlánticos en Vigo/ Miguel Núñez

E tamén somos construtores. Co barrio de Navia ao fondo e os seus edificios de dez alturas, aínda asombra máis a visión de xigantescas obras náuticas coma esta. Unha peza “Lego” a grande escala.

Transatlánticos en Vigo/ Miguel Núñez

Nestes días, non son nin un nin dous os barcos que chegan, chamados pola maior cidade de Galicia. E nos próximos meses está prevista a inauguración do casino do Centro Comercial A Laxe.

Transatlánticos en Vigo/ Miguel Núñez

Ver achegarse aos barcos conta con certo feitizo. Desde o máis alto da Laxe, vigueses e viguesas observan o desembarco destes edificios que cruzaron o mar.

Transatlánticos en Vigo/ Miguel Núñez

1 COMENTARIO

  1. Na Estación Marítima existe unha terraza pechada que daría gusto visitar para ver os barcos coma se fixo toda a vida e agora xa ninguén sabe siquera da súa existencia…

    Esta ben que exista o Albatros (para quen poda pagar) pero os vigueses temos dereito a recuperar o acceso ao noso MAR (?)

    O Porto de Vigo cada día é máis MISERABLE !
    https://flic.kr/p/2aTEsxo

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here