InicioSociedadeA pobreza non ten vacacións: 201 persoas quedaron fóra do albergue de...

A pobreza non ten vacacións: 201 persoas quedaron fóra do albergue de Vigo no mes de agosto

PUBLICADO O

Pasaron xa 19 meses e Juan Carollo sigue en pé porque a pobreza aínda existe en Vigo. Mentres, reclama un novo albergue para a cidade, ao considerar insuficiente o do barrio de Torrecedeira.

Contabiliza máis de 800 persoas diferentes as que quedaron fóra do devandito albergue desde que comezou a súa loita, e iso que os políticos declararan que ninguén durme na rúa.

 

Acampada contra a pobreza na praza do Rei/ Miguel Núñez

Só no mes de agosto, foron 201 as persoas que quedaron fóra por falta de prazas, despois de agardar na cola, sen éxito. E habería que sumar os que non se achegaron por alí pero durmiron na rúa igualmente.

Unha dura realidade que ocorre en tódalas cidades, pero á que, segundo defende Juan, deberiamos buscarlle unha solución en lugar de ocultala. A súa é unha loita sen cor político, o importante é conseguir axuda, cambiar os feitos.

Acampada contra a pobreza na praza do Rei/ Miguel Núñez

No último pleno, houbo unha referencia ás dúas mortes de persoas desamparadas o día 20 de agosto, algo que non transcendeu á opinión pública, e no mesmo pleno do pasado mércores contestouse cun “iso non importa a ninguén”. 

Acampada contra a pobreza na praza do Rei/ Miguel Núñez

Fronte ao Concello de Vigo, Juan continúa o seu traballo de rexistro e denuncia.

Acampada contra a pobreza na praza do Rei/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...