InicioCulturaO Festival de Cultura Emerxente Revoltallo cumpre 25 anos este venres

O Festival de Cultura Emerxente Revoltallo cumpre 25 anos este venres

PUBLICADO O

Este mércores presentouse na cafetería Detrás del Marco o festival Revoltallo, que se celebra desde mañá venres ata o día 9 de setembro na carballeira de Valadares. Trátase dun festival que aposta pola música galega e por actividades complementarias máis aló da música.

“É un orgullo chegar ás vodas de prata vendo como todos estes anos pasaron por aquí grupos que despois foron emerxendo pouco a pouco” asegurou a presidenta do Centro Veciñal de Valadares, Ana Pérez, referíndose á traxectoria do Festival, que xa cumpre 25 anos.

Precisamente ao papel de dinamización cultural ao longo de todo o ano por parte da veciñanza da parroquia referiuse o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, ao tempo que animou “a todo o mundo a achegarse a esta parroquia viguesa tan emblemática para gozar de toda esta diversidade de música”. Por último, Leal cualificou o Revoltallo como “un referente da cultura alternativa tanto en Vigo como a nivel de toda a provincia”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...