InicioSociedade"Dornier, unha empresa que utiliza traballadores para vixiar uns a outros"

“Dornier, unha empresa que utiliza traballadores para vixiar uns a outros”

Os traballadores da Zona Azul de Vigo regresan á folga coa promesa do alcalde de soluciona-lo problema: “Mentres eu sexa alcalde, os traballadores sempre estarán en primeira liña”.

PUBLICADO O

No pleno celebrado esta mañá en Vigo, o primeiro tema importante a tratar foi o da folga dos traballadores de Dornier, tras ser despedidos 8 dos seus compañeiros, todos con filiación sindical.

Falou Luis Cordobés, delegado sindical e traballador da zona azul de Vigo despedido tras 28 anos de servizo público: “Dornier tomou represalias contra min e 7 compañeiros meus, todos afiliados ao sindicato. Presentárase cun 30% de rebaixa na súa oferta, unha rebaixa temeraria, e agora está a rirse do Concello de Vigo. Non pode consentirse isto no Servizo Público. Hai un expediente aberto, e cremos que non deberían concursar máis. Desconvocamos a folga para intentar negociar, e nada”.

En Marea subscribiu as súas palabras: “Agardaron o ano que non tiña o colchón para o despido, como delegado sindical, para despedilo”. Aseguraron desde Marea de Vigo que se trata de “prácticas case fascistas”.

“O Concello estaba alertado por parte deste grupo municipal e o sindicato, e aínda así se decidiu a darlle a concesión á empresa, unha empresa que pon traballadores a vixiar aos outros como detectives e fai despidos individualizados cada 5 minutos, algo irregular e ilegal. A este grupo municipal non lle vale que os contraten de novo, porque podería sentar un perigoso precedente nas concesionarias”, advertiu Rubén Pérez.

Elena Muñoz recordou que “desde o PP o advertimos desde o primeiro momento e votamos en contra, non se escoitou a ninguén e estamos agora na situación na que estamos. Se tería evitado se o alcalde escoitase a alguén máis que a si mesmo”.

O conselleiro López Font interviu en defensa do Goberno local: “O proceso de contratación foi totalmente legal. Parece mentira que utilicen isto para facer política. A empresa incumpriu o contrato, o ratio marcado, as condicións de prazas”.

Por último, o alcalde comprometeuse, sentado a carón de Luis Cordobés, a solucionar o problema, e asegurou que “mentres eu sexa alcalde, os traballadores sempre estarán en primeira liña”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...