InicioMedio Ambiente e PatrimonioSoutomaior, baixo a "praga" da avespa asiática: máis de 90 niños retirados...

Soutomaior, baixo a “praga” da avespa asiática: máis de 90 niños retirados en 4 meses

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Soutomaior retirou máis de 90 niños de avespa asiática nos últimos catro meses. A retirada, comprendida dentro do plan municipal contra a avespa asiática, estenderase nos próximos meses e verase complementada por diversas iniciativas informativas e de entrega de trampas e cebos entre os veciños.

A retirada dos niños realizouse por diversos medios, dependendo da localización do niño e da dificultade para o seu acceso. Os máis comúns retiráronse con medios propios do Concello e grazas ao grupo de voluntarios que colabora co consistorio na campaña contra a velutina.

Para retirar os que se atopan fóra do alcance das pértegas e medios cos que contan os operarios, empregouse unha empresa especializada. Ademais da retirada, desde a concellería de medio ambiente deuse aviso de dous niños situados en postes de empresas privadas, sobre as que recae a responsabilidade do mantemento.

De tódolos xeitos, o concelleiro de medio ambiente, Ramón Fernández, incidiu na “menor incidencia” da avespa este ano, en contraposición co ano pasado, “onde si houbo un aumento de niños e avisos moi grande”.

Ademais, explicou o edil,”agora estamos mellor preparados. Contamos cos medios para actuar o máis rápido posible e a colaboración cidadá está sendo fundamental para o éxito da campaña de retirada, é importante que os veciños avisen canto antes e grazas a eles podemos actuar”.

Como apoio á retirada dos niños o consistorio estableceu dúas iniciativas de trampeo. A primeira consiste no reparto de máis de 70 trampas entre os veciños que o soliciten, 110 botellas de cebo líquido para reencher as mesmas e 70 unidades de spray para os niños.

A segunda ten como obxectivo garantir a seguridade dos veciños nas contornas públicas durante a época estival, e comprende a instalación de 20 novas trampas en zonas
especialmente sensibles como xardíns, parques infantís, zonas de praia e a contorna de edificios públicos.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...