InicioMedio Ambiente e PatrimonioO barrio da Lavandeira de Soutomaior: un "cheiro pestilente" en pleno Camiño...

O barrio da Lavandeira de Soutomaior: un “cheiro pestilente” en pleno Camiño de Santiago

PUBLICADO O

- Advertisement -

Varios veciños do barrio da Lavandeira, en Soutomaior, denunciaron este xoves a situación na que se atopa a contorna da fonte do devandito barrio, a causa dos continuos verquidos. Acusan ademais ao alcalde, Agustín Reguera, de non facer caso das súas peticións.

Segundo informaron os propios veciños, “estes verquidos prodúcense porque a bomba trituradora da fosa séptica que se atopa no lugar non funciona ben, e isto provoca que desborde e verta directamente á poza e as fincas do barrio. As consecuencias están á vista de todos, fincas cheas de excrementos, compresas…”.

“Estamos en pleno camiño de Santiago, nun lugar polo que pasan ducias de miles de persoas cada ano, pero o recordo que levan do noso barrio é un cheiro pestilente e unha paisaxe sementada de residuos”, lamentan.

A este verquido hai que sumar outro producido pola rotura do alcantarillado na rúa Castelao e que fai que os verquidos e os excrementos das casas vian directamente á poza da Lavandeira.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...