InicioMedio Ambiente e PatrimonioAnimalistas defenden a cancelación do "Campionato Galego de Caza con Arco ao...

Animalistas defenden a cancelación do “Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo”

Os animalistas definen este campionato como "rebentar perdices e codornices con frechas"

PUBLICADO O

En algo máis dunha semana terá lugar no municipio de Soutomaior o “Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo”, unha modalidade que, segundo defenden a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber, consiste en “rebentar literalmente a paspallás (codornices) e perdices con frechas”.

As devanditas asociacións censuraron o apoio a este evento por parte da Xunta de Galicia: “Branquean” batidas masivas como actividades de corte deportivo, que aparecen no programa ‘Deporte Galego’, avalando como práctica saudable a morte de aves dunha forma cruel”.

Campionato de caza con arco, cartel

Neste sentido, os activistas sinalan que a caza con arco “é unha modalidade de extrema crueldade, onde os animais chegan a escapar coa frecha incrustada no seu corpo e agonizando ata unha morte lenta e dolorosa. Isto é o que permite a Xunta con toda naturalidade e facilidade como práctica legal en máis do 90% do territorio galego”.

FFW e LIBERA! instan á Xunta, á Deputación de Pontevedra e ao Concello de Soutomaior a que non dean soporte nin colaboración algunha “coa fórmula de pseudodeporte que quere implementar o lobby procaza na comunidade, obtendo subvencións públicas por matar animais”.

Os animalistas alertan, ademais, doutra singularidade coa perdiz, especie considerada “cinexética” e cuxa repoboación está sendo subvencionada por diferentes administracións públicas para posibilitar o que se cualifica como “caza sementada”, é dicir, matar paspallás de granxa que previamente foron liberadas nos cotos.

Estas organizacións advertiron sobre “o desequilibro evidente que se está producindo nos diversos ecosistemas de Galicia, onde as repoboacións de paspallás e coellos só teñen unha funcionalidade de lecer, pagadas con diñeiro público”.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Atraso de 40 minutos na liña A Coruña-Vigo por un conato de incendio nun coche do tren

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...