InicioSociedadeDenuncian "condicións penosas" nos Xulgados de Violencia contra a Muller

Denuncian “condicións penosas” nos Xulgados de Violencia contra a Muller

Alternativas na Xustiza-CUT estiman que os xulgados das vilas como Rendondela, Tui, ou Porriño "contan con numerosos problemas e limitacións que impiden dar un Servizo Público de calidade".

PUBLICADO O

Alternativas na Xustiza-CUT acusan a Xunta de utilizar a violencia de xénero para gañar votos, mentres que abandonan os xulgados de Violencia contra a Muller de Redondela, Tui ou Porriño.

“Dende a entrada en funcionamento da Lei de 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a Violencia a Violencia de Xénero, os poderes públicos incumpren constantemente a obriga de adoptar medidas de acción positiva para facer reais e efectivos ditos dereitos, removendo os obstáculos que impiden ou dificultan a súa plenitude”, salienta Pablo Valeiras, portavoz de CUT.

“En Galicia o exemplo máis claro está no propio goberno da Xunta de Galicia e en particular do Titular da Conselleria de Xustiza, Alfonso Rueda, que nos medios de comunicación utiliza a Violencia sobre o muller de maneira electoralista. Cando a realidade é absolutamente outra”, subliñan desde Alternativas na Xustiza.

Así, “dende a creación dos xulgados de Violencia sobre a Muller, os xulgados das vilas como Rendondela, Tui, ou Porriño, contan con numerosos problemas e limitacións que impiden dar o Servizo Público de calidade que merecen as mulleres e menores que sofren a lacra da Violencia”, defenden.

“OS TRABALLADORES DO XULGADO TEÑEN QUE QUEDAR AO CARGO DOS FILLOS DAS VÍTIMAS MENTRES DECLARAN”

Lamenta Pablo Valeiras que “ante a falta de psicólogo e de protocolos de actuación específicos sobre Violencia sobre a muller, son os traballadores do Xulgado de Violencia os que teñen que escoitar, tranquilizar e apoiar psicoloxicamente á vítima, realizar xestións telefónicas como localizar familiares, facer labores de investigación dos paradoiros, e incluso quedan a cargo moitas veces dos fillos das vítimas mentres elas declaran, moitas mulleres traen os menores porque non teñen onde deixalos”.

Ademais, asegura que as condicións para as vítimas e os propios traballadores son “penosas”: “Unha ventilación inadecuada, dimensións irrisorias, estando as vítimas están todas xuntas nunha sala minúscula, nas que no teñen intimidade algunha, nin sequera para poder ser asesoradas polo seu letrado”.

Engaden que “as testemuñas non teñen un lugar específico onde estar, co cal é fácil que se atopen con algunha das partes, aínda cando no deberan ter ningún contacto con estas, para evitar a contaminación nas súas declaracións e nalgúns casos, asegurar a súa propia integridade”.

Polo tanto, conclúen que o “desprezo” da Xunta de Galicia coas Vilas de Redondela e Tui “alcanza limites insospeitados, máis despois do acordo asinado, tras 3 meses de folga indefinida”.

Por último, segundo a lei, os traballadores dos xulgados de Redondela e Tui deberían recibir una retribución especial de 50 euros mensuais por realizar este traballo, mais esta paga especial non se está a abonar, aseguran desde CUT.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...