InicioSucesosDous cans rottweiler soltos firen gravemente a unha muller en Redondela

Dous cans rottweiler soltos firen gravemente a unha muller en Redondela

PUBLICADO O

Unha muller de 62 anos de idade resultou ferida de carácter grave ao ser atacada por dous cans de raza rottweiler que estaban soltos na rúa en Redondela, mentres que un home de 37 anos que acudiu a auxiliala sufriu feridas leves.

O concelleiro redondelano Arturo González indicou que os feitos se produciron sobre as 12,30 horas deste venres na parroquia de Reboreda, nas proximidades do Pazo de Pousadouro. A muller, que transita de forma regular pola zona e coñecía aos cans, observou que estes estaban “en actitude molesta cara aos veciños”, polo que se ofreceu a conducilos até a casa na que viven.

Non entanto, após acompañarlles uns 20 metros, agredírona, tirárona ao chan e un deles mordeuna nun brazo e o outro nunha perna. A muller pediu auxilio, e un home que se atopaba na zona acudiu a auxiliala, golpeando aos cans para tentar que a soltasen. Foi así como os animais centráronse nel e mordéronlle ata que conseguiu desfacerse deles subíndose ao capó dun coche que pasaba polo lugar.

OS CANS TIÑAN OS PAPEIS EN REGRA

Até a zona desprazouse unha ambulancia, que trasladou á muller, en estado de shock e sangrando abundantemente polas mordeduras, até o Hospital Álvaro Cunqueiro. Ademais, o home que a axudou sufriu diversas feridas e tivéronlle que enxesar un brazo.

Pola súa banda, efectivos da Policía Local e da Policía Nacional deixaron aos cans baixo a custodia dos seus donos, onde permanecerán en gaiolas baixo observación durante as próximas horas á espera do que determine o xuíz.

Segundo o edil, os propietarios manifestaron que os cans soltáronse e escaparon até a vía pública. Ademais, sinalou que os cans teñen o microchip e os papeis en regra, así como os donos a autorización para posuír estes animais, dunha raza considerada como potencialmente perigosa.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...