InicioMedio Ambiente e PatrimonioRedondela non se esquece do Día Mundial da Auga: "Sen auga non...

Redondela non se esquece do Día Mundial da Auga: “Sen auga non hai vida”

Redondela aspira a converterse nunha das cidades máis limpas do país.

PUBLICADO O

O Concello de Redondela conmemora o Día Mundial da Auga con diversas iniciativas. Unha delas, e tamén a máis visible, é a que se leva a cabo coa colocación dunha lona no balcón da fachada principal do Concello onde reza o seguinte lema: “Sen auga non hai vida”.

Esta iniciativa forma parte do conxunto de actuacións que o Concello leva a cabo durante todo o ano para despertar a sensibilización medioambiental de todos os veciños e veciñas do municipio.

Porén, a Concellería de Medio Ambiente, que se encarga de poñer en marcha estas iniciativas, fai un chamamento ao uso responsable da auga por parte de todos. O seu concelleiro, Miguel Ángel Álvarez, avanzou esta mañá que o seu departamento repartirá un libro que se editou en 2018 en colaboración cos escolares de Redondela sobre o uso responsable da auga e medidas de aforro deste recurso natural. Para adquirir un exemplar deste libro, os veciños interesados deberán pasar polo Concello.

Os usuarios das Bibliotecas de Redondela e Chapela tamén recibirián unha copia. Tamén se regalarán embudos para axudar na reciclaxe de aceite e así evitar a contaminación de acuíferos, ríos e mares.

O alcalde da vila, Javier Bas, destacou a aposta que leva facendo o Concello nos últimos anos nesta materia e sinalou que de que a pretensión de futuro é consolidar a Redondela como unha das cidades máis limpas de España.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...