InicioPolíticaRedondela urxe ao Goberno central a eliminar a peaxe de Rande

Redondela urxe ao Goberno central a eliminar a peaxe de Rande

PUBLICADO O

O Goberno de Redondela, canda a Xunta de Galicia, volve esixir ao Ministerio de Fomento que suprima a peaxe de Rande e a que cumpra cos investimentos comprometidos coa parroquia de Chapela tras a ampliación da AP-9.

O alcalde Javier Bas, xunto co vicepresidente galego, Alfonso Rueda, visitou este martes as obras que se están realizando neste municipio, con apoio económico da Xunta. Durante a visita, Rueda criticou que “seguen pasando os días” sen que Fomento “dea sinais” dos compromisos adquiridos con este municipio.

A Xunta recorda que tramitou o traslado do CEIP Igrexa, e as obras do novo colexio “xa empezaron” e “agora tócalle a Fomento facer o investimento comprometido”, incluída a supresión da peaxe en Rande-Redondela.

Ante esta situación, o Executivo galego e o Concello de Redondela instan ao Goberno central a convocar o máis axiña posible a comisión de seguimento da AP-9.

Respecto a Chapela, Bas lamentou que a parroquia segue sufrindo as consecuencias das obras da autoestrada e recordou que “había un compromiso firme” para investir uns 11 millóns de euros en reposición de servizos, mellora de viarias, pantallas acústicas, etc. Aínda que recoñeceu que isto ten que pasar polo Consello de Ministros, entende que hai unha “falta de sensibilidade de Fomento, porque os principais prexudicados son os veciños”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fose secretario xeral do...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Piden seis anos para un acusado por tocamentos a unha menor en Vigo

Un home que foi xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de...