InicioVigo e contornaPazos de Borbén desinfecta todas as igrexas tras case tres meses sen...

Pazos de Borbén desinfecta todas as igrexas tras case tres meses sen celebrar misas

O concello desinfectará todos os templos ata o final da fase 3 da desescalada.

PUBLICADO O

O Concello de Pazos de Borbén, coincidindo co retorno da celebración de oficios relixiosos, comezou a realizar tarefas de desinfección nas igrexas de todas as parroquias do municipio. A iniciativa pretende incrementar a seguridade nestes espazos.

As tarefas de desinfección no exterior dos templos realízanse mediante a aplicación de auga xabonosa, xa que se trata de bens culturais sobre os que non se poden aplicar produtos químicos. No interior dos templos a limpeza realízase aplicando desinfectante sobre os elementos de uso comúns, como os bancos e pasamanos, e a continuación coa instalación dun equipo de ozono para garantir a desinfección mesmo dos puntos menos accesibles e a gran altura.

Segundo apunta o concello, as tarefas de desinfección están a realizarse por unha empresa especializada de maneira periódica. A estes traballos hai que engadir varias iniciativas persoais, como a limpeza realizada por varios veciños na igrexa de Amoedo, e de membros do goberno local, na parroquia de Cepeda, que tamén están desinfectando os templos para asegurarse que reducen ao máximo posible o tempo entre cada limpeza.

A medida, segundo destacou o alcalde, Andrés Iglesias, pretende aumentar a seguridade dos veciños que, tras meses sen poder asistir, demandan poder volver aos templos en plenas condicións de seguridade. “Hai moitos veciños que levan tempo demandando a reapertura dos templos e a maioría son de idade avanzada. Son o maior grupo de risco e por iso é necesario extremar as precaucións”, finalizou o alcalde.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...