InicioVigo e contornaVigoMáis de cen persoas concéntranse en Vigo para pedir "salvar e fortalecer"...

Máis de cen persoas concéntranse en Vigo para pedir “salvar e fortalecer” a atención primaria

Durante a manifestación, que se replicou en varias localidades galegas, tamén se leu un manifesto no que a plataforma convocante criticou que "continúan agravándose" as "debilidades do sistema sanitario que viñan arrastrando, como a falta de accesibilidade, as longas listas de espera, a fatiga do persoal e a escasa participación da cidadanía no sistema".

PUBLICADO O

Máis dun centenar de persoas reclamaron este mércores en Vigo “salvar e fortalecer” a atención rimaria e todo o sistema sanitario galega fronte ao “desmantelamento” do que acusan o Goberno galego.

A protesta, convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública da área Sanitaria de Vigo para loitar contra “as políticas de recortes e o desmantelamento da Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade”, comezou pasadas as 19,00 horas fronte ao Museo Marco ao berro de “Sanidade pública!”.

Durante a manifestación, que se replicou en varias localidades galegas, tamén se leu un manifesto no que a plataforma convocante criticou que “continúan agravándose” as “debilidades do sistema sanitario que viñan arrastrando, como a falta de accesibilidade, as longas listas de espera, a fatiga do persoal e a escasa participación da cidadanía no sistema”.

Ademais, a Plataforma SOS Sanidade cuestionou no seu manifesto que a poboación, nestes momentos, segue “sufrindo importantes trabas e limitacións”.

Entre elas atópanse, a xuízo de SOS Sanidade Pública, a atención nos centros de saúde, PAC e servizos de pediatría de atención primaria, listas de espera “de días ou semanas”, consultas “masificadas” ou “o peche” de moitos PAC.

Tamén denuncian a presenza de menos profesionais en “moitos” centros de saúde do rural galego, a “desaparición” de consultas de pediatría e a “perda” de actividades de promoción, prevención, promoción, rehabilitación e atención ás enfermidades crónicas e os programas da muller.

INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR PRESENTADA AO PARLAMENTO

En declaracións a Europa Press, o portavoz de SOS Sanidade Pública en Vigo, Manuel González Moreira, sinalou que a manifestación buscou o apoio á iniciativa lexislativa popular que a plataforma presentou no Parlamento de Galicia e para a que aínda se están recollendo firmas.

“Xa levamos recollidas sobre 17.000 asinas pero seguimos insistindo que é necesario recoller máis porque hai que demostrar que outra atención primaria é posible. E é posible se se toman medidas de carácter urxente como reforzar con profesionais de todas as categorías, reforzar a estrutura de xestión da Atención Primaria para que teña máis peso no sistema sanitario público e reforzar o orzamento de Atención Primaria“, engadiu.

González tamén comentou que a plataforma SOS Sanidade Pública tenta con este tipo de manifestacións “tratar de concienciar á cidadanía que o que pasa coa atención primaria tamén depende deles”, non sen antes pedir que “se teñan en conta as necesidades reais do sistema sanitario”.

Ademais, o portavoz de SOS Sanidade Pública en Vigo lembrou que a plataforma “xa traballa para convocar unha gran mobilización en Santiago de Compostela na primeira ou segunda semana de febreiro que coincidirá coa presentación da iniciativa lexislativa no Parlamento de Galicia”.

ÚLTIMAS

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...

Poñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en...