InicioCulturaO Parlamento inaugura este xoves en Vigo unha exposición con obras da...

O Parlamento inaugura este xoves en Vigo unha exposición con obras da súa colección que percorrerá as cidades galegas

Conta cunha selección de 37 obras que pertencen ás 300 pezas da colección orixinal

PUBLICADO O

O Parlamento de Galicia promove unha exposición itinerante, denominada ‘A Nosa Arte’, que estará formada por obras da súa colección e percorrerá as distintas cidades galegas a partir deste xoves.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurará a exposición, programada na sede Afundación, en Vigo, ás 19,00 horas deste xoves. Ademais, contará coa compañía do titular do Lexislativo, Miguel Anxo Santalices.

A exhibición, segundo transmitiu a Cámara galega, conta cunha selección de 37 obras que pertencen ás 300 pezas da colección orixinal. Neste proxecto, o Parlamento contou coa colaboración da Xunta e de Afundación, ademais da participación da Real Academia Galega de Belas Artes.

Así mesmo, a mostra estará comisariada por tres membros desta institución que realizaron a selección das obras expostas:a catedrática emérita de Historia da arte e arquiveira-bibliotecaria da Academia, María Vitoria Carballo-Calero; e os académicos da sección de Arqueoloxía e Museología, Felipe-Senén López Gómez e José Carlos Vale Pérez.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...