InicioSucesosDúas persoas feridas e outras dúas atendidas na AP-9 por mor dun...

Dúas persoas feridas e outras dúas atendidas na AP-9 por mor dun conductor kamikaze borracho

O sinistro tivo lugar no mesmo punto no que aconteceu outro accidente o pasado venres.

PUBLICADO O

Dúas persoas tiveron que ser atendidas polos servizos sanitarios despois de producirse unha colisión múltiple con catro vehículos implicados na autovía AP-9, ao seu paso pola localidade pontevedresa de Redondela. En concreto, o sinistro produciuse no quilómetro 151. O condutor do vehículo que circulaba en sentido contrario deu positivo no test de alcoholemia e indiciario en drogas.

Segundo trasladou o 112 Galicia, un particular alertou á central de emerxencias ás 06,30 horas deste domingo. Nesta comunicación, alertábase de que un dos vehículos circulaba en sentido contrario. Así, “ante a potencial gravidade da situación”, o 112 solicitou a colaboración dos servizos sanitarios, dos Bombeiros de Vigo e do Porriño, do GES de Mos, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local de Redondela e dos servizos de mantemento das estradas.

Xa no lugar, os medios de emerxencias comprobaron que as persoas implicadas no accidente atopábanse liberadas e accesibles, polo que os bombeiros non tiveron que empregar material de excarceración.

Pola súa banda, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 afirmou que prestaron asistencia a catro persoas a consecuencia deste accidente. Duas delas foron valoradas no lugar e non requiriron ser trasladadas, xa que presentaban lesións leves.

Cabe sinalar que no mesmo punto no que se produciu este accidente, o venres rexistrouse outra colisión múltiple, neste caso, con tres vehículos implicados e unha persoa trasladada

ÚLTIMAS

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

A Fundación Secretariado Xitano denuncia as discriminacións contra o seu colectivo

A Fundación Secretariado Xitano (FSG) presentou ante a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández...

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun parking en Peinador

OO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número...

O BNG de Vigo denuncia a falta de auga potable no IES de Beade, e goberno local e Xunta cúlpanse mutuamente

O grupo municipal do BNG en Vigo denunciou este luns que o IES de...