InicioSociedadeBanco de Alimentos de Vigo continúa a procura duns 1.000 voluntarios para...

Banco de Alimentos de Vigo continúa a procura duns 1.000 voluntarios para a súa Gran Recollida do 25 e 26 de novembro

A xornalista Alba Lago, nova madriña da organización

PUBLICADO O

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo busca aínda uns 1.000 voluntarios para poder levar a cabo a Gran Recollida deste ano, que se celebrará os días 25 e 26 de novembro e que, tras a pandemia, recuperará o seu formato físico.

Así o sinalou este venres o presidente da organización, Iván Martínez, no marco da presentación da nova madriña para esta campaña, a xornalista viguesa Alba Lago, que actualmente traballa en Informativos Telecinco.

Neste sentido, Lago subliñou que este ano, debido á inflación, é momento de “axudar máis que nunca”, polo que lembrou que hai varias formas de facelo. En primeiro lugar, todos aqueles que teñan dispoñibles catro horas os días 25 ou 26 poden acudir de voluntarios a algún supermercado de Vigo e provincia.

Ademais, todo o mundo pode “arrimar o ombreiro” achegando unha doazón de comida non perecedoira nos establecementos que participan na campaña. Ela mesma estará o sábado 26 de novembro realizando o seu labor de voluntaria nun supermercado de Vigo e de Pontevedra.

Coa lema ‘Comer non pode ser un luxo‘, este ano Banco de Alimentos de Vigo busca recadar, polo menos, 300.000 quilos de alimentos, unha cifra similar aos anos prepandémicos. O obxectivo é abastecer de alimentos básicos tanto o almacén de Lavadores como a nave de Pontevedra ata a primavera de 2023. A Fundación Provincial atende na actualidade a máis de 20.000 persoas en situación de vulnerabilidade a través de máis de 150 ONG e entidades.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fose secretario xeral do...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Piden seis anos para un acusado por tocamentos a unha menor en Vigo

Un home que foi xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de...