InicioEconomíaDecenas de traballadores do sector financeiro protestan en Vigo por unha actualización...

Decenas de traballadores do sector financeiro protestan en Vigo por unha actualización salarial e o dereito a conciliar

A rolda de mobilizacións acabou diante dunha entidade bancaria situada na rúa García Barbón para rexeitar o recente despedimento dun traballador por "baixo rendemento"

PUBLICADO O

A federación de Banca da CIG organizou este luns unha xornada de protestas en Vigo en defensa do dereito de conciliación da vida laboral e familiar para rexeitar o despedimento dun traballador, así como para reclamar a actualización salarial nos convenios colectivos do sector.

As mobilizacións comezaron no exterior do Xulgado do Social de reforzo, na Rolda de Don Bosco, ás 09,30 horas, continuando posteriormente diante das oficinas das principais entidades financeiras da cidade olívica.

A protesta no edificio xudicial tiña como obxectivo solidarizarse cunha traballadora dunha entidade bancaria á que a empresa lle denegou a adaptación da xornada laboral por motivos de conciliación, un feito que, tal e como sinalou a CIG nun comunicado, levou a esta persoa a reclamar xudicialmente. “Isto non se trata dun caso illado”, reza o mesmo comunicado.

Posteriormente, os participantes nesta xornada de protestas percorreron ata este mediodía as oficinas das principais entidades financeiras no marco da campaña reivindicativa pola actualización salarial dos convenios do sector que a CIG puxo en marcha o pasado mes de abril e que este luns viviu a súa quinta xornada. A rolda de mobilizacións acabou diante dunha entidade bancaria situada na rúa García Barbón para rexeitar o recente despedimento dun traballador por “baixo rendemento”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...