InicioSociedadeA concurso un buque oceanográfico para a UVigo de 19 metros de...

A concurso un buque oceanográfico para a UVigo de 19 metros de eslora por 1,5 millóns

O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo (UVigo) sacou a concurso a construción dun buque oceanográfico de última xeración con propulsión híbrida enchufable por 1,5 millóns de euros.

PUBLICADO O

O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo (UVigo) sacou a concurso a construción dun buque oceanográfico de última xeración con propulsión híbrida enchufable por 1,5 millóns de euros.

Tal como recolle o Diario Oficial da Universidade de Vigo (UVigo), trátase dunha embarcación de 19,5 metros de eslora por 5,4 metros de manga que fortalecerá a posición de Vigo e de Galicia na investigación oceanográfica costeira, permitíndolle abordar con maior garantía e competencia algúns dos desafíos sociais máis críticos relacionados co cambio climático e ambiental, a pesca, a biodiversidade ou a xestión de riscos.

“Esta ferramenta fortalecerá a posición do CIM e das ciencias mariñas en xeral a nivel nacional, brindando acceso á comunidade científica a observacións oceánicas ‘in situ’ como unha infraestrutura habilitadora que xera datos de interese público e que proporcionará información adecuada para apoiar o desenvolvemento da economía azul sustentable“, explicou o catedrático Daniel Rey, director do CIM.

Rey destacou que o buque “axudará de forma importante a complementar a misión do CIM de contribuír á conservación e uso sustentable dos océanos, mares e recursos mariños a través da xeración e transferencia de coñecementos baseados na ciencia, a tecnoloxía e a innovación”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...