InicioEconomíaStellantis Vigo suspende a súa produción ata finais de outubro

Stellantis Vigo suspende a súa produción ata finais de outubro

Parte da actividade volverá o vindeiro mércores.

PUBLICADO O

A factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis volveu suspender toda a súa actividade ata o vindeiro mércores pola falta de certas pezas necesarias para os seus vehículos, como xa ocorreu en repetidas ocasións nos últimos meses.

“Por causa de forza maior, a consecuencia da falta de aprovisionamentos, suspéndese a actividade en ambos os Sistemas desde o xoves 27 de outubro, ás 14,00 horas”, informou Stellantis Vigo aos seus empregados.

A previsión da compañía é que todos os equipos se reincorporen ao traballo a partir do próximo mércores, 2 de novembro, ás 06,00 horas.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...