InicioSucesosRescatan unha persoa tras envorcar a súa embarcación na ría de Vigo

Rescatan unha persoa tras envorcar a súa embarcación na ría de Vigo

PUBLICADO O

Unha persoa foi rescatada do mar en Vilaboa tras envorcar a embarcación na que navegaba este domingo. Segundo informa o 112, foi un particular o que chamou ao 112, ao redor das 16,00 horas, para informar de que unha embarcación cun único tripulante envorcara na ría de Vigo.

O servizo deu aviso a Salvamento Marítimo, que comezou a planificar un posible rescate. O helicóptero Pesca-1 do Servizo de Gardacostas de Galicia, que estaba preparado para participar no operativo, non foi mobilizado finalmente, xa que unha embarcación recolleu á persoa accidentada e trasladouna, xunto co barco envorcado, ao porto de Vilaboa.

Tamén participaron a Garda Civil e os Voluntarios de Protección Civil de Soutomaior.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...