InicioSociedadeO Vithas Fátima de Vigo é o hospital privado "máis recoñecido" da...

O Vithas Fátima de Vigo é o hospital privado “máis recoñecido” da provincia de Pontevedra, segundo un estudo de GFK

Participaron 1.500 persoas que usaron no último ano servizos médico-asistenciais privados.

PUBLICADO O

O Hospital Vithas Nosa Señora de Fátima de Vigo é o centro sanitario privado “máis recoñecido” da provincia de Pontevedra, segundo un estudo realizado pola compañía GFK no que participaron 1.500 persoas que usaron no último ano servizos médico-asistenciais privados.

A enquisa de GFK apunta que o hospital vigués conta, entre os privados, “cunha notoriedade total do 87 por cento”. Pola súa banda, o Centro Médico Vithas Pontevedra ten “unha notoriedade total dun 42 por cento”, o que lle sitúa no sexto lugar do oito centros da provincia analizados.

Segundo o estudo, os entrevistados sinalaron como características principais do servizo sanitario privado “a orde, profesionalidade, proximidade, boa e rápida atención ao paciente”. O xerente de Vithas Vigo e Pontevedra, Ciro Cabezas, destacou que os resultados son “un orgullo e un recoñecemento ao traballo das máis de 4.000 persoas que traballan no hospital”.

Cabezas explicou que tanto a nivel asistencial, como non asistencial, “traballaron en moitas liñas paralelas e con todos os departamentos do hospital para lograr estes resultados”. Ademais, mencionou “o importante esforzo investidor”, recordadando a recente remodelación das Urxencias do hospital de Vigo.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...