InicioSociedadeA Xunta destaca o traballo de 13 grados, de Vigo, "pola divulgación...

A Xunta destaca o traballo de 13 grados, de Vigo, “pola divulgación e conservación do medio mariño”

Esta entidade organiza rutas submarinas interpretadas, talleres e charlas temáticas, safaris de mergullo e exposicións de fotografía subacuática.

PUBLICADO O

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, visitou este sábado en Dumbría o proxecto ‘Efémero Xacobeo Experience’ que promove 13 grados –entidade radicada en Vigo que recibiu un dos Premios á Cooperación 2022 pola súa contribución ao desenvolvemento económico e social da Comunidade— e a Xunta.

No acto, Toca defendeu o proxecto dunha entidade que naceu hai pouco máis de dous anos e que traballa “pola divulgación e conservación do medio mariño”. “Para achegar a riqueza litoral á sociedade e trasladar a necesidade de preservala”, 13 Graos organiza rutas submarinas interpretadas, talleres e charlas temáticas, safaris de mergullo e exposicións de fotografía subacuática.

O evento deste sábado, detallan nun comunicado, inspirouse no Camiño de Santiago entre Finisterre e Muxía. Nel convidaron a reflexionar sobre os valores da ruta xacobea “como punto de encontro” entre diferentes países, culturas, necesidades ou preocupacións, establecendo un paralelismo coas migracións no mundo acuático e o impacto nos océanos.

Durante a experiencia tivo lugar tamén a visualización interpretada do curto ‘Nun mar de migrantes’ e ofertouse unha experiencia submarina inmersiva en 360ª grazas á realidade virtual.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...