InicioEconomíaO BNG insiste en que o veto á pesca de fondo é...

O BNG insiste en que o veto á pesca de fondo é “infundado” e supón “máis ruína” para o sector en Galicia

PUBLICADO O

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, volveu a criticar o regulamento europeo que veta a pesca de fondo en 87 caladoiros do Océano Atlántico por ser unha decisión “infundada” e por supor “máis ruína” para o sector en Galicia.

Así o sinalou este venres ante os medios de comunicación en Vigo, onde lamentou que a Comisión Europea non levou a cabo un estudo do impacto socieconómico que tería a norma nin utilizou informes científicos actualizados para a súa entrada en vigor, prevista para este domingo. Miranda subliñou o traballo levado a cabo polo Bloque e criticou que nin a Xunta nin o Goberno central “fosen quen” de presentar un recurso en tempo e forma antes de que acabase o prazo.

Tamén lamentou a actitude do comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginius Sinkevicius, quen comparecerá na Comisión de Pesca o vindeiro luns, despois de que a norma xa teña que estar en marcha. “É dunha covardía enorme porque o prazo acaba este domingo. Comparece o día seguinte. Que fácil é comparecer ao día seguinte. Mentres o domingo a frota galega vai ter que amarrar”, lamentou, convidando á cidadanía a acudir este sábado á manifestación convocada en contra deste regulamento en Ribeira, que espera que sexa “masiva”.

Os nacionalistas insistiron en que a Unión Europea está a lexislar “de costas” a un sector “estratéxico” cun regulamento que afectará a máis de 500 barcos e 4.000 empregos directos e máis indirectos en Galicia. Ademais, Miranda criticou as “incertezas” xeradas polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, por lanzar “bulos”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...