InicioSociedadePiden 18 meses de prisión para un acusado de matar a golpes...

Piden 18 meses de prisión para un acusado de matar a golpes a dúas cadelas nunha vivenda de Vigo

Tamén reclama que indemnice á persoa propietaria das cadelas polos gastos veterinarios nos que incorreu, polo importe das necropsias e por danos morais, nuns 1.227 euros.

PUBLICADO O

A Fiscalía pide a pena de 18 meses de prisión para un acusado de matar a golpes a dúas cadelas, propiedade dunha persoa coa que compartía piso, como presunto autor dun delito de malos tratos animais, e que será xulgado este xoves na sala do Penal 2 de Vigo.

Segundo o escrito de acusación pública, os feitos ocorreron en febreiro deste ano, cando o acusado compartía piso coa persoa propietaria das cadelas. Nunha ocasión na que estaba só cos animais na vivenda, inflixiu un corte no lombo a unha das cadelas, que requiriu puntos de sutura e tratamento veterinario.

Ao día seguinte, estando tamén a soas coas cadelas, propinou golpes a ambas, causándolles a morte, nun dos casos por edema pulmonar provocado por traumatismo na parte fronto-medial do tórax; e no outro, por hemorraxia interna causada por neumotórax, producido polas lesións nos pulmóns debidas a traumatismo torácico.

A Fiscalía considérao autor dun delito continuado de malos tratos animais, e pide que sexa condenado a 18 meses de prisión, e a 4 anos de inhabilitación para a tenencia de animais ou para exercer calquera oficio ou actividade que teña que ver con animais. Tamén reclama que indemnice á persoa propietaria das cadelas polos gastos veterinarios nos que incorreu, polo importe das necropsias e por danos morais, nuns 1.227 euros.

DISPARO A UN GATO RUEIRO

Ademais, o xulgado do Penal 3 de Vigo acolle este mércores outro xuízo contra un acusado de malos tratos animais, nese caso por causarlle a morte a un gato dunha ‘colonia’ rueira cunha escopeta de perdigóns.

Os feitos ocorreron en outubro do ano pasado cando o acusado disparou a un gato rueiro que entrara na súa leira na zona da Rabadeira, en Vigo, cunha escopeta de perdigones. O animal morreu como consecuencia da hemorraxia causada polo disparo. Para este procesado, a Fiscalía pide un ano de cárcere, 2 anos de inhabilitación, e que indemnice ao Concello de Vigo polos gastos da necropsia do felino.

ÚLTIMAS

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...

Poñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en...