InicioEconomíaConxemar pon o foco no consumo de peixe e en afrontar o...

Conxemar pon o foco no consumo de peixe e en afrontar o reto da sustentabilidade

O X Congreso inaugurouse este luns.

PUBLICADO O

O X Congreso Internacional Conxemar-FAO puxo o foco este luns en Vigo na necesidade de recuperar o consumo de peixe e de afrontar o reto das tres patas da sustentabilidade: social, económica e ambiental. Tal como indicou a organización, o evento concluíu esta tarde cun completo, confirmando así que se trata dunha cita “imprescindible” no calendario de todos os profesionais do sector da transformación e a comercialización de produtos do mar.

A inauguración contou coa presenza do presidente da Asociación Española de Almacenistas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura (Conxemar), Eloy García; do director adxunto de Pesca e Acuicultura da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), Audum Lem; da delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias; do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e da secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz.

Eloy García explicou que a industria vive na actualización nun escenario que “a obriga a reiventarse unha vez máis”, a través da “innovación e o coñecemento”. Pola súa banda, Audum Lem puxo en valor que no foro “a industria participa activamente coas autoridades, apoiadas por expertos de todo o mundo”.

Pola súa banda, Caballero aproveitou a súa intervención para reivindicar Vigo como sede permanente da FAO. Ademais, criticou o regulamento comunitario que prohibe a pesca de fondo en 87 caladoiros do Océano Atlántico, que entrará en vigor o vindeiro domingo.

Ao longo do día, no Congreso leváronse a cabo varias sesións centradas en diferentes ámbitos como o económico, o transporte, os mercados ou o futuro do sector pesqueiro. Na primeira delas, a presidenta da Asociación Europea de Economistas Pesqueiros, Leyre Goti, explicou que a inflación actual é “multifactorial” desde os custos, a demanda e a parte monetaria e que comezou antes da guerra.

Fernando González Laxe, catedrádico en Economía Aplicada, coincidiu con Goti na súa análise da economía pesqueira actual e reivindicou que na Comisión Europea “falta conciencia do que representa o sector da pesca, que ten perspectivas de futuro”.

Na segunda sesión, centrada na loxística, analizouse a situación do transporte de mercadorías. Os expertos mostráronse “moi optimistas” de cara á resolución da problemática que se xerou a raíz do aumento do consumo durante a primeira etapa da pandemia. Neste sentido, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, fixo fincapé na necesidade de que os portos invistan en infraestruturas, aínda que moitas veces a sociedade non o entenda.

A terceira mesa tratou de mercados da pesca, onde o Sustainability Development Manager da compañía Bolton Food, Héctor Fernández, afirmou que a sustentabilidade é “social ou non o é” xa que “o contrario de sustentable é insustentable”. A última sesión do día abordou as estratexias futuras sobre alimentación. O debate abriuno Audum Lem, que defendeu o traballo de todos para responder os retos do cambio climático, tanto industrias como gobernos.

ÚLTIMAS

Por que foi anulado o plan de urbanización do Barrio do Cura?

O xulgado do contencioso administrativo 1 de Vigo ditou sentenza pola que declara nulo...

O bus urbano alcanzan unha operatividade do 98 % en días laborables tras o fin da folga, segundo Vitrasa

O servizo de bus urbano de Vigo recupera a normalidade tras máis de 3 meses...

Retencións de varios quilómetros na AP-9 ao seu paso por Vigo tras producirse un accidente e unha picada de roda

Un accidente entre un camión e un coche e unha picada de roda doutro...

Ferida unha persoa tras ser atropelada en Vigo

Unha persoa resultou ferida na mañá deste martes tras ser atropelada por un vehículo...