InicioEconomíaCorenta empresas pontevedresas crean sinerxías no II Workshop do Xeodestino Ría de...

Corenta empresas pontevedresas crean sinerxías no II Workshop do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

Compañías dos 14 concellos do xeodestino acudiron ao Pazo de Petán co obxectivo de levar a cabo unha primeira toma de contacto entre entidades.

PUBLICADO O

Ao redor de 40 empresas de diferentes sectores de toda a provincia de Pontevedra participaron este martes en Redondela no II Workshop do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, que buscaba facilitar o contacto e fomentar a creación de novos produtos turísticos que promocionen o territorio como destino.

Así, compañías dos 14 concellos do xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) acudiron ao Pazo de Petán co obxectivo de levar a cabo unha primeira toma de contacto entre entidades e favorecer a creación de sinerxías de presente e de futuro que dean lugar a novos produtos turísticos que promocionen o territorio como destino.

“Para o Xeodestino a palabra clave é a cooperación, e sabemos que en turismo debemos ir da man e colaborar para ser máis eficientes e efectivos nas nosas promocións, aproveitando as nosas fortalezas e minimizando as debilidades”, indicou no seu discurso o representante institucional do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e alcalde de Nigrán, Juan A. González.

González tamén recalcou que a intención é que esta acción é que “axude a pór en marcha iniciativas de calidade, innovadoras, seguras e sustentables, que incidan no compoñente experimental para achegar un plus de valor ás persoas”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...