InicioSociedadeComeza a mudanza á nova Cidade da Xustiza de Vigo co traslado...

Comeza a mudanza á nova Cidade da Xustiza de Vigo co traslado do arquivo

O novo edificio acollerá medio milleiro de traballadores.

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia puxo en marcha este luns a mudanza dos actuais xulgados na rúa Lalín á nova Cidade da Xustiza, no antigo hospital Xeral, co inicio do traslado do arquivo xudicial.

Segundo informou o goberno galego, unha vez finalizado o traslado dese arquivo, cara a mediados do mes de outubro, continuarase co traslado do resto das 39 unidades xudiciais de Vigo, a unha media de dous órganos por semana.

Tamén está previsto situar nas novas instalacións a Fiscalía de Área, as dúas seccións da Audiencia Provincial, a subdirección do Instituto de Medicina Legal (Imelga), e o resto de servizos comúns, como o Decanato ou o Servizo de Atención ao Cidadán. O novo edificio acollerá medio milleiro de traballadores, que terán á súa disposición unha escola infantil de 41 prazas.

Coa licenza de primeira ocupación, a Xunta xa levaron a cabo os trámites previos ao traslado definitivo, como a recepción de mobiliario, a organización de espazos ou a instalación de equipos de gravación nas salas de vistas.

A nova Cidade da Xustiza de Vigo, inaugurada polo rei Felipe VI en maio pasado, contou cun investimento autonómico de 42 millóns de euros, no marco do Plan de Infraestruturas Xudiciais da Xunta de Galicia.

Nos edificios da rúa Lalín, onde actualmente están situados os xulgados da cidade, a Xunta prevé, por unha banda, a construción dun novo Centro Integral de Saúde, mentres que outro dos inmobles destinarase a usos sociais e culturais. Para iso, desenvolverase un concurso de ideas mediante convenio co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) para a rehabilitación desas instalacións.

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Sae o vehículo número 16 millóns de Stellantis, un Fiat E-Dobló 100% eléctrico

Stellantis Vigo produciu este martes o seu vehículo número 16 millóns desde que a...

Expertos analizan no Porriño o “difícil” camiño das vacinas pendentes

A Asociación Nacional de Informadores da Saúde (ANIS), en colaboración con Zendal, organizaron no...