InicioSucesosSorprenden por quinta vez un septuaxenario vigués extraendo ameixa nunha zona con...

Sorprenden por quinta vez un septuaxenario vigués extraendo ameixa nunha zona con toxina

Estaba extraendo ilegamente o molusco na praia da Punta, nunha zona que se atopa pechada ao marisqueo.

PUBLICADO O

A Policía Local de Vigo identificou, por quinta vez no que vai de mes, a un veciño da cidade, M.A.M., de 77 anos de idade, extraendo ilegamente ameixa na praia da Punta, nunha zona que se atopa pechada ao marisqueo pola presenza de toxina paralizante.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde do pasado sábado, cando o 092 recibiu unha chamada alertando da presenza deste furtivo  reincidente nese areal da parroquia de Teis.

Nesa ocasión, ao verse descuberto polos vixiantes, o home abandonou a praia, pero a Policía estableceu un operativo de vixilancia e puido localizalo 10 minutos despois na mesma zona.

O home foi sorprendido extraendo ameixa cun utensilio para tal fin e unha bolsa de plástico, e interviñéronselle máis de 1,5 quilos de molusco.

Durante toda a intervención, o sospeitoso mostrou unha actitude axitada e agresiva cara ao garda rural, ao que increpou e ameazou. Os axentes elaboraron o correspondente informe para dar conta dos feitos á Consellería do Mar, co fin de tramitar o pertinente expediente sancionador.

Así mesmo, remitiuse informe por un suposto delito de ameazas graves e outro contra a saúde pública, xa que o home, a pesar de ser coñecedor de que a zona está afectada por toxina, non só seguiu extraendo ameixa senón que recoñeceu a súa intención de vendela.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...