InicioPolíticaAbel Caballero sobre a reunión con Rueda: "Ten que ser no Concello...

Abel Caballero sobre a reunión con Rueda: “Ten que ser no Concello como cando veu Touriño”

Evita polo momento confirmar se acudirá ao enctonro.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este luns o Concello olívico “como sede” da reunión co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no caso de que o encontro se celebre na cidade, aínda que eludiu confirmar se acepta esa reunión, que a Xunta fixou para o próximo 3 de outubro.

A preguntas dos medios sobre se se reunirá con Alfonso Rueda (que convidou o rexedor a un encontro o 3 de outubro na delegación territorial da Xunta, e con presenza da delegada, Marta Fernández-Tapias), o alcalde limitouse a constatar: “Tempo queda”.

“Pero algunha cuestión quero dicir respecto diso”, matizou Caballero, quen sinalou que “se a reunión vai ser en Vigo, a lóxica democrática di que debe ser no Concello“, porque “é unha reunión bilateral alcalde-presidente”.

Segundo engadiu, se o encontro se fai en Santiago, estará “encantado” de acudir ao despacho de Alfonso Rueda, pero se se fai na cidade, estará “encantado” de recibir no Concello ao presidente galego.

Respecto diso, o alcalde de Vigo lembrou que, cando Emilio Pérez Touriño acudiu a reunirse con el, o encontro tivo lugar no Concello, do mesmo xeito que “a primeira vez” que tivo unha reunión bilateral con Alberto Núñez Feijóo. “Entendo que a lóxica democrática sinala que a reunión debe ter lugar no Concello, eu ofrézolle o Concello como sede da reunión”, sentenciou Caballero.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fose secretario xeral do...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Axentes da Policía Local asisten en Vigo a un home que caeu en plena rúa sen respiración

Axentes da Policía Local de Vigo asistiron este pasado mércores a un home que...