InicioEconomíaStellantis Vigo parará este sábado pola falta de aprovisionamentos

Stellantis Vigo parará este sábado pola falta de aprovisionamentos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa da compañía automobilística Stellantis parará todas as súas liñas de produción pola falta de aprovisionamentos este próximo sábado, 17 de setembro, tal como informou a compañía ao persoal.

“Por causas de forza maior, a consecuencia da falta de aprovisionamentos, o sábado 17 de setembro suspéndese a actividade nos dous sistemas“, explica Stellantis Vigo.

Ademais, a firma tamén suspendeu a quenda de noite do Sistema 1 da planta de Balaídos (que monta o Peugeot 2008, Peugeot 301 e C-Elysée), a pesar de que se manterá a actividade ese día no Sistema 2 (onde se producen as furgonetas Citroën Berlingo, Peugeot Rifter/Partner, Opel Combo, Fiat Doblò e Toyota Proace City).

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...