InicioCulturaA UVigo crea unha cátedra para evitar que a idade se use...

A UVigo crea unha cátedra para evitar que a idade se use para discriminar ás persoas

Esta iniciativa nace para consolidar a loita contra o idadismo desde o ámbito da comunicación, a través da realización de cursos, talleres e conferencias

PUBLICADO O

A Universidade de Vigo (UVigo) presentou este martes a Cátedra de Idadismo, que ten como obxectivo evitar que a idade se utilice para categorizar e dividir ás persoas polos seus atributos, ocasionando inxustizas, danos e discriminación.

Tal como reivindicou a directora da cátedra, Ana Belén Fernández, esta iniciativa nace para consolidar a loita contra o edadismo desde o ámbito da comunicación, a través da realización de cursos, talleres e conferencias, da organización de actividades académicas, de intervencións educativas a todos os niveis, da promoción da investigación, xeración de contornas amigables e o fomento da relación intergeneracional.

Lonxe de querer perpetuarse no tempo, a cátedra, que viu a luz este martes, pretende desaparecer canto antes. Así, Ana Belén Fernández demandou na súa intervención a colaboración e a implicación dos xestores políticos e do poder lexislativo para concienciar e implementar medidas que permitan desterrar o edadismo e que esta cátedra “pronto careza de sentido”.

Impulsada pola UVigo, pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (Afaga) e a entidade privada de innovación social dedicada a acompañar nos coidados ás persoas maiores Atendo, a cátedra pretende consolidar a loita contra o idadismo para concienciar á sociedade da súa existencia e conseguir que desapareza.

Ao acto de presentación acudiu, entre outros, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, quen puxo de relevo a importancia de abordar esta materia co obxectivo de visibilizar ás persoas maiores para evitar a súa discriminación.

“Galicia non se entendería sen as persoas maiores e a súa experiencia é clave para avanzar nunha Galicia mellor”, subliñou Fernández-Tapias no acto de presentación desta iniciativa pioneira en España.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...