InicioEconomíaO Porto de Vigo prevé investir máis de 120 millóns ata 2026...

O Porto de Vigo prevé investir máis de 120 millóns ata 2026 coa vista posta nas infraestruturas e a Plisan

Esta cifra ascenderá ata máis de 200 millóns se se inclúen o ano 2027 e posteriores.

PUBLICADO O

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, avanzou que a organización prevé un investimento de máis de 120 millóns de euros ata 2026, apostando pola mellora das infraestruturas portuarias para dotalas dun maior número de atracadas e de calados, así como para aumentar a superficie de traballo a través da reorganización dos espazos e a creación de almacéns en altura.

Así o sinalou Vázquez Almuiña con motivo da súa participación nun xantar-coloquio organizado polo Foro Galicia Marítima (Fogama) e Logidigal, onde expuxo as principais liñas de actuación contempladas pola institución que preside para os próximos anos, de acordo co Plan de Empresa elaborado xunto a Portos do Estado e aprobado polo Consello de Administración do Porto olívico o pasado mes de xuño.

Segundo reivindicou, o Porto leva traballando no proxecto Blue Growth de crecemento sustentable desde o ano 2016, sendo “pioneiro no momento de inicialo e no seu desenvolvemento posterior”. Esta estratexia europea, tal como remarcou, baséase en combinar o crecemento económico coa sustentabilidade económica, ambiental e social.

Por iso, Almuiña lembrou que as autoridades portuarias deben ser autosuficientes desde o punto de vista económico-financeiro, polo que os investimentos previstos teñen que ser acordes cos ingresos que se xerarán. Así, ata 2026 a previsión de investimento alcanza os 122 millóns de euros, mentres que esta cifra ascenderá ata máis de 200 millóns se se inclúen o ano 2027 e posteriores.

Unha das liñas de actuación que maior peso ten neste plan investidor será a plataforma loxístico-industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan), vinculada ao Porto de Vigo, principal promotor da maior bolsa de chan industrial de Galicia.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...