O sector do comercio do metal retoma as protestas en Vigo para pedir melloras laborais

O persoal reclama o desbloqueo da negociación do convenio.

Concentración de traballadores do comercio do Metal, en protesta polo bloqueo da negociación do convenio colectivo da provincia de Pontevedra.. CIG VIGO

Persoal do sector do comercio do metal da provincia de Pontevedra retoman este martes as mobilizacións para reclamar o desbloqueo da negociación do convenio.

Por iso, despois unha concentración diante da sede da Confederación de Empresarios na mañá deste martes, percorrerán as rúas da cidade olívica a partir das 20,00 horas, saíndo de Vía Norte ata o farol de Urziaz en protesta pola situación.

Desde a CIG, CC.OO. e UGT consideran “miserable” a última proposta de convenio dos empresarios, que estaría vixente entre 2020 e 2023, sen incremento salarial nos dous primeiros anos e en 2022 suporía unha subida do 6,5% e para 2023, do 3%, “con revisión salarial topada nun 4%”.

“A proposta non contempla nin redución de xornada anual nin outras melloras das condicións laborais”, criticaron desde o sector, polo que o persoal e as centrais sindicais decidiron iniciar unha campaña de información e de mobilizacións o pasado 8 de xuño, que retoma este martes.