Un home, detido en Vigo tras golpear á súa parella en plena rúa

Policía Local de Vigo

Un home, R.V.D. de Vigo e 41 anos de idade, foi detido na mañá deste pasado domingo tras golpear á súa parella na rúa viguesa de Martín Echegaray.

Tal como informou a Policía Local, foi unha patrulla que se atopaba realizando labores de vixilancia e prevención no ámbito de seguridade cidadá a que observou sobre as 07,30 horas como un home deu varios golpes a unha muller por todo o corpo, caendo esta a o chan.

Ao decatarse da presenza policial, o home tentou levantala. Por iso, os funcionarios identificaron a ambos, sinalando ela que eran parella e que estaban a discutir por unha “cuestión menor”, indicando que nunca antes fora agredida.

Por iso, procedeuse á detención do home como presunto autor dun delito de violencia de xénero.