Prisión para tres detidos por unha suposta agresión sexual en Vigo

Nota De Prensa: A Policía Nacional Detén Ao Autor De Varias Estafas Cometidas A través de Transferencias Bancarias Simuladas En Vigo. POLICÍA NACIONAL

O xulgado de instrución número 8 de Vigo acordou o ingreso en prisión provisional de tres homes detidos na cidade olívica como presuntos autores dun delito de agresión sexual cometido o pasado fin de semana. Investígaselles, ademais, por un suposto delito de revelación de segredos.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do sábado ao domingo pasado, cando este tres homes supostamente agrediron sexualmente unha muller nun domicilio da zona de Travesía de Vigo.

Os tres sospeitosos foron detidos por efectivos da Policía Nacional na mañá do domingo e este martes foron postos a disposición do xulgado de instrución de garda. A autoridade xudicial acordou o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, investigados como presuntos autores dun delito de agresión sexual.