InicioSucesosDenunciados en Vigo dous condutores que circulaban baixo os efectos das drogas

Denunciados en Vigo dous condutores que circulaban baixo os efectos das drogas

Un deles sen ITV e outro coas luces apagadas.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local de Vigo denunciaron nos últimos días dous condutores que circulaban baixo os efectos das drogas e, un deles, facíao coa Inspección Técnica de Vehículos vencida.

Segundo informaron fontes policiais, a primeira intervención tivo lugar a pasada semana, cando unha dotación do 092 que facía labores de control do tráfico localizou un vehículo coa ITV caducada.

Ao darlle o alto e identificar o condutor (A.A.D., de 48 anos de idade) os axentes decatáronse de que presentaba signos de estar baixo os efectos dalgunha sustancia estupefaciente, polo que lle fixeron unha proba. O test deu resultado positivo para opiáceos e cocaína.

Nunha segunda intervención, unha dotación de Policía Local sorprendeu na madrugada deste venres un condutor circulando pola Avenida de Citroën coas luces apagadas.

O home, que resultou ser A.L.M., de 38 anos, fixo caso omiso das indicacións dos axentes para que se detivese e, cando finalmente o fixo, foi sometido a un test de drogas, que deu resultado positivo para THC.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...