InicioVigo e contornaVigo(Vídeo) Cellas rapadas, tatuaxes na cara: unha viaxe á moda 'underground' de...

(Vídeo) Cellas rapadas, tatuaxes na cara: unha viaxe á moda ‘underground’ de Vigo

Un Youtuber adéntrase na escena viguesa aproveitando o Marisquiño.

PUBLICADO O


Por se os millóns depositados pola Xunta non foran dabondo, Galicia conta dende hai meses cunha lexión de Youtubers dedicados a cantar as alabanzas da súa terra e xente. Estes intrépidos viaxeiros adéntranse, cámara en man, nun mundo no que agardan atopar meigas e as vellas señoras do perenne vestido negro facendo a queimada en cada cruce de camiños –estradas non hai aínda–. Por iso moitos quedan sorprendidos tamén cando aprecian que á Comunidade chegou xa a luz eléctrica e outras modas do momento, como rapar as cellas ou facer tatuaxes na cara.

Iso se destila polo menos do vídeo do youtuber Misho Amoli, que decidiu pasar uns días do Festival do Marisquiño e, xa que estaba, foi mirando –non vendo– pola rúa adiante como vestía a xente desta terra da que só saen políticos do PP e algún que outro equipo de fútbol.

Para o recordo queda esta metraxe que capta as “vibras” da mocidade viguesa e unha chea de interlocutores que van amosando as súas vestimentas. “Está guapísimo”, responde o creador de contido a unha rapaza, entre outros. O das cellas rapadas –que non era un dicir– p´ódeno comprobar vdes. mesmos no vídeo.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...