InicioSucesosFoxe drogado, borracho e cun can perigoso a 140km/h polas rúas de...

Foxe drogado, borracho e cun can perigoso a 140km/h polas rúas de Redondela

PUBLICADO O

Un condutor foi interceptado na madrugada do venres despois dunha persecución por Redondela na que chegou a alcanzar os 140 quilómetros por hora tras saltarse un control policial.

O home tratou de eludir un control instalado na N-550 á altura da Rúa do Muro e a persecución prolongouse durante case 3 quilómetros por camiños da parroquia de Cedeira, segundo informou a Policía Local.

Unha vez interceptado, o condutor, que carecía de permiso de conducir e manexaba un coche sen ITV vixente, deu positivo na proba de alcoholemia e na de drogas. Ademais, o individuo levaba no seu vehículo sustancias estupefacientes e viaxaba acompañado dun can de “raza potencialmente perigosa” que carecía da documentación necesaria.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...