InicioSociedadeO PP de Vigo pide a Caballero que solucione "inmediatamente" a falta...

O PP de Vigo pide a Caballero que solucione “inmediatamente” a falta de medios que denuncian os Bombeiros da cidade

PUBLICADO O

A presidenta do PP de Vigo, Marta Fernández-Tapias, reclamou este sábado ao alcalde, Abel Caballero, que solucione “de inmediato” a situación que “padece a cidade ante a falta dun servizo tan imprescindible como o servizo de Bombeiros”.

A líder dos populares en Vigo expresouse así tras a denuncia realizada esta mesma semana polos Bombeiros da cidade olívica. Fernández-Tapias lamenta que o rexedor “non só non resolva o problema, senón que tampouco queira responder o alcance do problema“.

“Polo que sabemos ata agora os vigueses están nunha situación de risco ante unha eventual emerxencia, pero Caballero non só mira cara a outro lado senón que ademais négase a recibir aos Bombeiros e tamén se nega a contestar as preguntas dos xornalistas para coñecer os medios dispoñibles e as solucións que achegará”, criticou.

Respecto da negativa de Abel Caballero a responder as preguntas dos medios sobre este tema, a popular considera que “demostra así cal é o seu verdadeiro talante, o seu carácter antidemocrático e a súa falta de transparencia na xestión dos recursos públicos, non acepta as críticas e tampouco admite que ninguén lle leve a contraria”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...