InicioVigo e contornaVigoStellantis anuncia novas paradas para este fin de semana

Stellantis anuncia novas paradas para este fin de semana

As causas volven estar nas dificultades para conseguir microchips.

PUBLICADO O

A factoría viguesa do grupo automobilísticos Stellantis volverá parar parte da súa produción durante este fin de semana despois de facelo na súa totalidade fai cinco días tras o regreso das vacacións de verán.

Segundo trasladou a empresa aos seus empregados, as paradas débense a “causas de forza maior” a consecuencia da falta de aprovisionamentos. Así, a actividade nos dous sistemas estará interrompida nas quendas de mañá do sábado e do domingo, xornada na que tamén se paralizará o sistema dous durante a noite. Ademais, o taller de baterías estará parado na quenda de noite deste xoves e no tres deste venres.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...