InicioVigo e contornaVigoA Xunta promete máis concertos en Vigo tras o recital de C....

A Xunta promete máis concertos en Vigo tras o recital de C. Tangana

Feijóo estivo entre o público.

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia celebrou o “éxito absoluto” do concerto de C.Tangana celebrado este martes nun dos peiraos do Porto de Vigo, no marco das actividades programadas con motivo do Xacobeo, e lembrou que aínda haberá máis “grandes actuacións” na cidade.

Así, o goberno galego cualificou a actuación de ‘El Madrileño’ na cidade, ante máis de 6.000 persoas (entre elas, o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo; o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o seu homólogo de Andalucía, Juanma Moreno Bonilla; ou a presidenta de Inditex, Marta Ortega), como “unha das grandes noites” do ciclo de concertos do Xacobeo 21-22.

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapia, celebrou ese “éxito”, tras unha actuación na que o coñecido artista deixou numerosas mostras de complicidade co público e coa cidade, aludindo tamén á súa querenza polo Real Club Celta (de feito, especúlase con que sexa o encargo de crear o himno do centenario do club, que se cumpre o ano que vén).

Segundo apuntou Fernández-Tapias, miles de persoas puideron seguir o concerto, non só no recinto do peirao de Transatlánticos, senón desde outros puntos do Porto través da gran pantalla instalada sobre o escenario. Así mesmo, destacou que o evento se desenvolveu sen incidentes.

“Pero o Xacobeo aínda nos ten reservadas grandes citas na cidade, como o Festival de Música Urbana, ou a actuación de Muse”, indicou a delegada.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...