InicioVigo e contornaVigoChega a Vigo a Nave Victoria, réplica do primeiro barco que deu...

Chega a Vigo a Nave Victoria, réplica do primeiro barco que deu a volta ao mundo

A visita é gratuíta e permanecerá ata o domingo.

PUBLICADO O

A Nave Vitoria, réplica do barco protagonista da primeira volta ao mundo, chega a Vigo na súa xira Exploraterra 2022, polo que poderá visitarse de forma gratuíta a partir deste xoves e ata o vindeiro domingo. Tal como informou a organización, trátase dunha réplica do navío que fai cinco séculos foi capitaneado por Magallanes e Elcano na maior aventura marítima de todos os tempos, a primeira circunnavegación do planeta (1519-1522), cuxo centenario se conmemora este ano.

A súa escala en Vigo forma parte da xira Exploraterra 2022 na que a Nave Vitoria está a participar. Xira que reuniu réplicas dos barcos históricos máis emblemáticos da gran era das expedicións marítimas hispano-portuguesas, que durante estes meses estiveron visitando decenas de portos de Francia, España e Portugal promocionando o proxecto Exploraterra, unha iniciativa para preservar, pór en valor e promover a herdanza común de varias rexións de España e Portugal ligada ás exploracións marítimas dos séculos XV, XVI e XVII.

Este proxecto está liderado pola Fundación Nave Vitoria, financiado con fondos europeos e conta coa participación doutras institucións como a Xunta de Galicia, a Xunta de Andalucía ou a Associaçao Portuguesa de Treino de Vela (Aporvela), entre outras.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...