InicioCulturaVigo celebra este venres a súa 'Noite Branca' nos museos, que estarán...

Vigo celebra este venres a súa ‘Noite Branca’ nos museos, que estarán abertos ata as 02,00 horas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo celebrará este venres a ‘Noite Branca’ nos museos da cidade, que permanecerán abertos entre as 20,00 horas e as 02,00 horas da madrugada.

Concertos, visitas guiadas, talleres ou exposicións adicionais serán algunhas das actividades que os museos da urbe olívica ofrecerán aos visitantes nesta ‘Noite Branca’, todas elas de forma gratuíta. “É unha forma de divulgar e de vivir os museos, a actividade museística e o goce da cultura dos museos“, reivindicou o alcalde, Abel Caballero.

Así, entre as actividades, Marés Sonoras actuará no xardín do Museo de Castrelos ás 21,00 horas, mentres que Pablo Lesuit estará na terraza do Verbum ás 22,00 horas, onde tamén ofrecerá un concerto Skarajazz a partir das 00,00 horas.

A rede de museos municipais de Vigo está composta por salas como o Pazo-Museo Quiñones de León, a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, a Casa das Artes, a Casa Galega da Cultura, o Verbum, o Xacemento arqueolóxico Vila Romana de Toralla, a Leira Solita, o Museo Marco, o Museo Liste ou a Fundación Laxeiro.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...