InicioVigo e contornaVigoDous encoros da área de Vigo, en "estudo" polo descenso do seu...

Dous encoros da área de Vigo, en “estudo” polo descenso do seu nivel

A Xunta propón introducir limitacións ao consumo para evitar a seca.

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia estuda os encoros dos que bebe boa parte da comarca de Vigo polo descenso dos seus caudais. Se ben aínda non están en prealerta por seca –como si se atopan algúns ríos– a baixa continuada dos niveis espera preocupación na administración encargada de velar por estes acuíferos, a autonómica. Así, a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, presidiu este xoves a reunión da Oficina Técnica da Seca, na que tamén participaron Protección Civil, Meteogalicia e a Consellería do Medio Rural.

Alí, acordaron manter a declaración de seca prolongada en toda a Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa e analizouse a evolución da situación hidrolóxica e meteorolóxica das distintas canles da Demarcación, “confirmándose a continuidade da anomalía hidrolóxica que se advirte desde principios de ano”.

No que respecta á meteoroloxía, o mes de xullo foi moi seco e as previsións para agosto indican falta de precipitacións. A este respecto, detallan que os caudais circulantes rexistraron en xullo valores inferiores aos habituais para esta época do ano –un 34,4% por baixo– da media do últimos dez anos.

Apréciase ademais, apuntan, un empeoramento con respecto a mediados de xullo, onde os caudais estaban un 20% por baixo da media histórica.

ENCOROS

Tendo en consideración a situación meteorolóxica rexistrada desde principios de ano, o descenso das reservas de auga rexistrada e o aumento da poboación estival na zona sur da demarcación, realizarase unha valoración particularizada e un seguimento exhaustivo dos encoros de Baiona e Zamanes, que abastecen a Baiona, Nigrán, Gondomar e parte de Vigo.

Para eles propoñen que se empecen a tomar as mesmas medidas que nos concellos que teñen xa activada a prealerta por escaseza, dada a situación dos dous encoros e a alta demanda que estes municipios rexistran no verán.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...