InicioVigo e contornaVigoVigo conta con menos bombeiros dos necesarios para "garantir a seguridade", denuncia...

Vigo conta con menos bombeiros dos necesarios para “garantir a seguridade”, denuncia o BNG

Marea acusa ao Concello de dar subvencións encubertas a medios de comunicación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo alertou este xoves de que a cidade conta desde xuño co número mínimo de bombeiros para garantir a seguridade “en plena onda de calor e de incendios que arrasan toda Galicia”. Neste sentido, os nacionalistas acusaron desta situación á “nefasta” xestión do goberno de Abel Caballero, que se traduce en que moitos días de verán o corpo de emerxencias contará con entre 12 ou 14 bombeiros por xornada.

“Vigo non dispuxo nin un só día dos 20 bombeiros que se establecen como mínimo para o operativo que ten que garantir a seguridade de todos os vigueses”, lamentou o concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas. Por iso, reclamou explicacións “urxentes” ao goberno municipal, así como a adopción de medidas “inmediatas” por parte da responsables da área de Seguridade.

SUBVENCIÓNS A MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Pola súa banda, Marea de Vigo denunciou que as partidas da campaña Cíes Patrimonio da Humanidade lanzada polo Concello están a usarse como “escusa publicitaria para seguir subvencionando de forma encuberta a medios de comunicación”.

Tras coñecerse que o goberno local destinará outros 230.000 euros a esta campaña, Marea de Vigo criticou o uso deste “inxente” recurso público para financiar a medios de comunicación. Neste sentido, o seu portavoz, Rubén Pérez, lamentou que a pesar de que todos os anos empregáronse recursos municipais para tal fin, “non se moveu nin un só papel” ante a Unesco, que avalía as propostas.

“Vemos como se están utilizando recursos económicos que xa superan o millón de euros para accións como unha recollida de firmas ou a práctica de ioga, actividades que non gardan relación algunha coas accións que se deben facer para conseguir que as illas sexan Patrimonio da Humanidade”, criticou Pérez, segundo recolle Marea de Vigo nun comunicado.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...