InicioVigo e contornaVigoA Xunta promete poñer paneis solares en escolas para aforrar enerxía

A Xunta promete poñer paneis solares en escolas para aforrar enerxía

O executivo destinará 70.000€ a un centro de Vigo para instalar as placas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou este xoves o Centro de Educación Especial Saladino Cortizo, un dos centros educativos nos que o Goberno galego instalará paneis solares fotovoltaicos para impulsar o aforro enerxético. Así, a representante autonómico informou de que a Xunta investirá uns 77.000 euros no devandito centro para esta obra, que suporá, ademais, a substitución da iluminación actual, a reforma da antiga casa do conserxe, a adaptación dun aseo e a creación dun patio inclusivo.

Estas obras enmárcanse dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta da Xunta que senta os alicerces para a construción e reforma dos centros educativos nos próximos anos, con espazos máis sustentables e cunha maior calidade ambiental. De feito, do total de 191 millóns de orzamento do Plan, máis do 40% está destinado a actuacións de sustentabilidade e eficiencia enerxética, segundo explica o Executivo autonómico nun comunicado.

“Este tipo de accións contribúen a avanzar na transición enerxética apostando por novas enerxías máis eficientes, á vez que trata de paliar os efectos da subida de prezos da enerxía e dos combustibles”, subliñou Marta Fernández-Tapias.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...