InicioVigo e contornaVigoO ascensor Halo, que custará 13 millóns, comezará a construírse o vindeiro...

O ascensor Halo, que custará 13 millóns, comezará a construírse o vindeiro martes

Prevese telo rematado antes de 2024.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o vindeiro martes comezará a construción do ascensor Halo, que suporá un investimento duns 13 millóns de euros. Na súa rolda de prensa diaria, o rexedor indicou que o martes, 9 de agosto, colocarase a primeira pedra da obra, que ten de prazo de execución ata o 31 de decembro de 2023. Tamén recoñeceu que se trata dun proxecto que require de “moita planificación e coordinación” por ser “moi complexo tecnicamente”.

Neste sentido, Caballero indicou que a partir de xaneiro poderían comezar cortes de tráfico na zona para a construción da estrutura do ascensor. “O Halo é unha das grandes obras da historia da cidade”, reivindicou, tras asegurar que custará uns 13 millóns de euros, dos cales seis procederán de fondos europeos.

Precisamente, Caballero tamén subliñou que o Concello pediu fondos europeos para a construción dunha rampla mecánica en Escultor Gregorio Fernández, cun custo de 2,44 millóns, dos cales case 2 millóns pretende que proveñan de axudas continentais. O alcalde tamén anunciou que no mes de novembro estará operativo o nó de comunicacións de entrada e saída de Vigo tras acabar as obras do túnel de Lepanto.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...