InicioVigo e contornaVigoA policía portuguesa chega a Vigo e Redondela

A policía portuguesa chega a Vigo e Redondela

Unha parella de gardas lusos patrullarán as cidades como parte dun convenio internacional.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Nacional patrullan as rúas de Vigo e Redondela xunto con dous membros da Policía de Seguridade Pública (PSP) de Portugal, da localidade de Viana do Castelo, co obxectivo de incrementar a atención aos cidadáns e turistas estranxeiros.

É unha iniciativa enmarcada no proxecto ‘Comisarías Europeas’, un proceso de colaboración internacional iniciado en 2008 no que, como en ocasións anteriores, efectivos estranxeiros son destinados a zonas de gran afluencia de visitantes durante diferentes intervalos de tempo.

De feito, os dous axentes incorporados en Vigo e Redondela non son os únicos que o farán durante o verán. Está previsto que policías franceses, alemáns, italianos, portugueses e neerlandeses se incorporen paulatinamente en localidades como Benidorm, Estepona, Gandía, Granada, Málaga, Marbella, Palma de Mallorca, Pamplona, Torremolinos e La Línea de la Concepción. Nestes momentos, xa o fixeron noutras localidades como Santiago de Compostela.

Proximamente, dous axentes da Policía Nacional, un deles da Comisaría de Vigo-Redondela e outro da Unidade de Estranxeiría e Documentación de Verín, desprazaranse á localidade portuguesa de Aveiro, onde en apoio e colaboración coa PSP portuguesa darán visibilidade ao proxecto europeo, atendendo a turistas españois, garantindo a seguridade durante a súa estancia no país veciño.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...