InicioVigo e contornaVigoDesaloxan un edificio en Vigo por mor dun incendio nun baixo

Desaloxan un edificio en Vigo por mor dun incendio nun baixo

Dúas persoas foron trasladadas ao hospital.

PUBLICADO O

Un edificio tivo que ser desaloxado en Vigo por mor dun incendio declarado no baixo. Os efectos do lume, danos materiais como a rotura de cristais e a cinza, alcanzaron os catro pisos superiores do inmoble.

Ademais, segundo informa o 112, dúas persoas necesitaron asistencia médica nun centro hospitalario da cidade. Preto das 3,00 horas deste martes, o 112 Galicia recibiu numerosas chamadas de veciños que alertaban dun lume nun inmoble da Rúa Esperanto, en Vigo.

Recibidos os avisos, activouse un operativo que contou, por unha banda, coa intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, e, por outra, dos bombeiros da cidade e dos axentes de seguridade tanto da Policía Nacional como Local.

De feito, foron estes últimos quen comunicaron o desaloxo do edificio número 23 ante as consecuencias que estaba a provocar o incendio declarado no baixo comercial, isto é, cinzas e ruptura de cristais nos pisos superiores, concretamente no primeiro, segundo, terceiro e cuarto.

DOUS TRASLADADOS

Ademais dos danos materiais, dúas persoas afectadas foron evacuadas polo equipo médico a un centro hospitalario da cidade. Os traballos de extinción finalizaron preto das 7,00 horas, cando os bombeiros lograron sufocar completamente o lume. O baixo comercial quedou completamente calcinado, e a fachada sufriu bastantes danos.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...